jueves, 17 de diciembre de 2009

PRESENTACIÓN DO LIBRO: "CÓMO VENCER O ESTRÉS".


Estimados amigos e amigas:
Lémbrovos que o 23 de decembro terá lugar a presentación do meu libro “Como vencer o estrés”, no “Corte Inglés” de Vigo (“Ámbito Cultural”, última planta), ás 20:00 h.
No libro descríbense con detalle moitas das técnicas de Ioga Tibetano, meditación, Qi Gong e Dinámica Mental que levo practicando desde fai trinta anos.
Os beneficios derivados dos dereitos de autor do libro foron doados integramente a “Cáritas Diocesana” de Tui-Vigo. As doazóns dos dereitos económicos de todos os meus libros é un proxecto solidario que pode facerse extensivo a cada persoa e a todos os ámbitos profesionais, pois cada un pode desenvolver este tipo de accións de acordo co seu traballo e dispoñibilidade. Un pouco é moito!
O próximo libro sairá publicado en febreiro de 2010 (“Sexo… Naturalmente”) a través de edicións Cydonia, e a entidade beneficiada é “Médicos sen Fronteiras”.
Aproveito este post para desexarvos a todos, amigos e amigas, un FELIZ NADAL e un venturoso e solidario ano 2010.