Benqueridos amigos, adxunto neste post parte do artigo publicado no "Faro de Vigo" por Pedro Valadés, presidente da AGAI, que considero de interese para todos.
"Tres pequenas grandes mulleres que nestes tempos confusos reconcíliannos con nós mesmos na nosa condición humana. Pequenas pola extrema sinxeleza e humildade coa que viviron e coa que foron auténticos anxos da garda de centos de seres humanos que fuxían da tolemia hitleriana. E grandes pola súa firme e valente militancia a prol da vida en tempos e lugares nos que a vida non era precisamente un ben intocable. Lola, Amparo e Xulia, salvaron da gadaña nazi a centos de xudeus que fuxían á desesperada da Europa, da nosa Europa, arrasada pola barbarie e o asasinato planificado e industrial. Na cultura xudea, na relixión mosaica, hai unhas oracións moi especiais, os Kadish, para recitar na lembranza e na homenaxe dos finados. Antón Patiño Regueiro no capítulo que no seu fermosísimo libro "Memoria de Ferro" dedica a Lola, Amparo e Xulia, compón de certo o mellor e maís fermoso Kadish que poideramos recitar na súa memoria."
Hai que ser solidarios con este anaco importantísimo da nosa historia. Por xusticia, por respeto e por mor dunha coherencia limpa e imperecedeira.

No hay comentarios:
Publicar un comentario