O Ministerio de Sanidade e Consumo de España quere publicar unha Orde Ministerial claramente negativa para a homeopatía, xa que nela demándanse unhas taxas desorbitadas para os medicamentos homeopáticos, négase a posibilidade de incorporar innovacións farmacéuticas e, en definitiva, non se ten en conta a especificidade destes medicamentos. De aprobarse coa súa redacción actual, esta Orde pode supor unha redución drástica dos medicamentos que actualmente se atopan dispoñibles no mercado, coa consecuente limitación das opcións terapéuticas para as afeccións tratadas con estes medicamentos, desde alerxias ata nerviosismo infantil, dermatite e ata en coidados paliativos, onde a homeopatía utilízase para reducir efectos secundarios da medicación convencional e mellorar a calidade de vida do paciente.
WEB PARA RECOLLIDA DE FIRMAS ANTE O PROBLEMA DA HOMEOPATIA EN ESPAÑA:
No hay comentarios:
Publicar un comentario