Benqueridos amigos:
Esta páxina pretende ser un punto de encontro entre os que cremos na solidariedade.
Cando muitas ONG´s están postas en entredito por maniobras frauduluentas e inmorais, non debemos por iso esquecer a labor inmensa que a maioría esta a desenvolver en todo o mundo.
Eu animo a seguir prestando a colaboración sen que decaia a confianza nelas. Toda institución manexada por homes sofre o risco de desviarse dos seus obxectivos, pero para iso está a Xustiza e a vixilancia dos homes e mulleres nobres que compoñen estas entidades humanitarias.
Pero esta páxina vai máis aló. Pretende ser unha orientación pra facer labores humanitarias preto de nos, na nosa propia cidade, povo ou comunidade, deixando ben claro que:
* A solidariedade non é "caridade" hipócrita, onde cuns poucos cartos acálanse muitas conciencias. A solidariedade é acción local, estimulando a autoxestión dos máis necesitados e implicando a cada un nunha obra de compromiso ético e social.
* A solidariedade chama a que cada home e muller adique con imaxinación un pouco do seu tempo, traballo ou accións a obxectivos concretos. Por exemplo: artesáns que ensinen a desfavorecidos a traballos manuais; cociñeiros e restauradores que reciclen as comidas que se van ir o lixo nunha cadea de reparto; escritores que nunha edición concreta doen parte (ou todos) os dereitos de autor a fins benéficos; xóvenes que ademáis do "botellón" queren sentir o espirito máis cheo de satisfacción que de alcool; mestres que ensinen a ler ou a integrarse lingüisticamente a os inmigrantes na nosa comunidade; etc.
* A solidariedade non é dar limosna, é labor de compromiso social, cidadán e humanitario. Mñais alá das crenzas de cada un (católicos, agnósticos, budistas, ateos...) SOLIDARIOS UNIDOS chama a conciencia de cada un a unha resposta persoal sen adoutrinamentos nen pantallas con fins agochados. É simple e sinxelamente adicar un anaco do noso tempo para tomar conciencia de que TODOS temos nas nosas mans ferramentas éticas para construir un camiño de fraternidade solidaria, sen delegar en outros accións que podemos facer nos mesmos.
Amigos e amigas, a felicidade está en dar, e cando un se implica nestas labores sen pedir nada ao cambio, síntese a ledicia da verdadeira plenitude.
Abandoemos por uns momentos as nosas diferencias relixiosas, políticas e culturais. Meditemos nas consecuencias desta implicación.
Cada pouco iremos poñendo nesta páxina ideas, accións, obxectivos e as vosas reflexións para comezar un camiño máis humano e solidario.
Como exemplo do que dixen está a editorial galega Ediciones Cydonia, co seu proxecto "Libro Solidario". Esta editorial doa un 5% de cada exemplar publicado a fins benéfico-sociais. Eu tiven a sorte de ser amigo do seu responsable, o periodista e escritor Carlos G. Fernández e xa estou tamén comprometido con esta magnífica labor. Do meu último libro Cocina para sanar las emociones ademáis do 5 % da editorial xa cedín todo-los dereitos de autor ao Centro Asistencial dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres de Teis Vigo).
E os vindeiros libros tamén terán o mesmo fin, ainda que as axudas serán destinadas a outros colectivos de necesitados.
Nas ligazóns deste bló podedes entrar e sacar ideas para as vosas propostas.
¿Alguén se anima?
Espero as vosas propostas e reflexións. Podedes escribirme a:
xabierakerman@gmail.com ou deixade directamente o voso commentario en "comentarios" ao final deste bló.
Un cordial saúdo de esperanza.
Xabier Akerman
No hay comentarios:
Publicar un comentario