¿Que é Proxecto Liberación na Prisión?
É a rama en España de "LIBERATION PRISON PROJECT", organización guiada pola monxa budista australiana Venerable Robina Courtin, que dende fai varios anos brinda asistencia espiritual, relixiosa e persoal a internos/as de cárceres en EE.UU., Australia, Gran Bretaña e Marrocos, proporcionándolles medios talles como: libros, textos e demais material escrito sobre a filosofía budista así como coñecemento sobre o Budismo en forma de clases e visitas regulares. Dende o "PROXECTO LIBERACIÓN NA PRISION" pretendemos facer o mesmo nos Centros Penais do noso país, achegando as Ensinanzas de Buda a todas aquelas persoas que dentro dos cárceres queiran practicalo e sentan que poden beneficiarse del. A forma de realizar este obxectivo é mediante visitas regulares ás prisións, desenvolvemento de programas de teoría budista e práctica da meditación nelas, intercambio de cartas con reclusos/as así como o facilitarlles libros budistas, revistas e material do curso de dous anos da Fundación pola Preservación da Tradición Mahayana (FPMT) "Descobrir o Budismo".
¿Como podo colaborar neste proxecto?
Existen diversas formas nas que podes participar: Traendo libros de Dharma (Budismo) que xa non utilices, facéndote voluntario/a do Proxecto que asista á prisión, unha vez completes un curso de formación esencial que realizaremos periodicamente, axudando no mantemento da estrutura básica do Proxecto, isto é, co correo electrónico, trámites legais, dando información sobre o Proxecto... etc. Se che sentes motivado/a para participar no "PROXECTO LIBERACIÓN NA PRISIÓN" escribe un correo electrónico a:
No hay comentarios:
Publicar un comentario