lunes, 11 de febrero de 2008

SOLIDARIEDADE CO CENTRO SAMYE DEDHI LING


Dentro de poucos días, a finais de febreiro, o centro de budismo tibetano Samye Dedhi Ling iniciará un longo retiro espiritual de catro anos. Buscan o silencio e a calma no medio da soidade absoluta dos bosques da serra das Guilleries. Pero a súa paz viuse perturbada polas noticias que lles chegaron nada máis saír do seu anterior retiro, iniciado en 2004. A polémica liña de alta tensión pasará a poucos metros das dúas masías nas que se aillan do mundo por períodos de catro anos. Trátase do tramo que unirá a localidade de Sant Hilari Sacalm coa subestación de Riudarenes. Aínda non está aprobado definitivamente, pero o Concello de Santa Coloma de Farners ten un esbozo onde se debuxan as torres de máis de 50 metros de altura, que se situarán a entre 200 e 400 metros das dúas masías budistas, a Fradera e o Rossell. Os responsables do centro, o lama Jimpa Gyamtso e o lama Tsondru, director do centro de Castanyet e de todos os centros Samye Dzong de España, están moi preocupados. "Nós a única alta tensión que xeramos é a espiritual", aseguran. "Non contaminamos, creamos riqueza espiritual, sabedoría, tolerancia e autocoñecemento", engaden. Alleos a todo e inmersos nas suas meditacións, os monxes decatáronse case por casualidade do proxecto, pero reaccionaron sumándose á plataforma Non á MAT, coa que saíron a defender o "interese público" das súas actividades. "O budismo é un patrimonio inmaterial da humanidade, unha riqueza que non abunda nun mundo cheo de dor e de guerras. Ademais, somos altruístas, concentrámonos para axudar aos outros", xustifican. Din que elixiron as Guilleries polo seu "illamento, sen contaminación acústica nin electromagnética, sen perigo para a saúde, e agora perderémolo todo cando comecen as obras", laméntase o lama Tsondru. O tipo de meditación que practican procede da liñaxe Karma Kagyu, adicado ao ensino das técnicas máis segredas e profundas do budismo tibetano. Instalados en Castanyet dende 1993, os monxes cren que conseguiron "recrear" as mesmas condicións que se dan nos mosteiros máis recónditos do Tíbet. Por iso, temen que a proximidade da infraestrutura eléctrica acabe por obrigarlles a pechar as instalacións. O próximo retiro comeza o 27 de febreiro e está previsto que entren nas casas unhas 20 persoas, homes e mulleres por separado, que sairán en febreiro de 2012. Entre os que se apuntan a tan longo receso hai parellas, novas e maiores. A maioría proceden de Cataluña, o País Vasco, Andalucía e Canarias. Meditarán e farán ioga, pero sobre todo rezarán moito a favor dun cambio de trazado da MAT.
Apoiemos todos aos monxes.
Podedes entrar en: www.nomat.org/

No hay comentarios: